Foi composta en 1947 e estreada un ano despois polo Coro Castelao da cidade de Bos Aires. A súa estrea oficial foi en 1950.
Esta mítica peza gravouse na capital Arxentina co título “Ondiñas da nosa ría”, e Iogo foi popularizada en Galicia nos anos cincuenta polo coro “Bernardo do Río”, que solo conservou a súa melodía.
Xesús Frieiro Dourado, “Pinciñas”, foi o autor da súa letra. Chegou a el partindo dun amplo repertorio de coplas populares rianxeiras á Virxe de Guadalupe cuxas festas comezan cada ano, dende 1854, o primeiro domingo posterior ó 8 de setembro.
A música foi creada polo emigrante rianxeiro Anxo Romero Loxo, quen por entón dirixía a Rondalla Castelao na cidade de Bos Aires.
Hoxe “A Rianxeira” converteuse casi no segundo himno de Galicia. Existe máis dunha versión da letra de “A Rianxeira”.
I
Moito me gustas rianxeira
que estás eiquí na Arxentina
verche cantar e bailar-e
coma ala na terra miña (bis)
Estribillo
Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear
II
Que guapa estabas rapaza
cando che vin na ribeira
tiña-la cara morena
coma a virxe rianxeira (bis)
III
A virxe de Guadalupe
vai no yate de Baltar
lévana os rianxeiros
a remolque polo mar (bis)