Duración: 15;15
A exposición AVÓS E NETOS, ELOS DUNHA MESMA CADEA, é parte dun Proxecto Europeo de Asociación Escolar coordinado polo IES Félix Muriel en colaboración cos seguintes centros escolares:
• KBS Nordhorn (Alemaña)
• Escola Secundaria de Sampaio (Portugal)
• Istanbul Avni Akyol Fine Arts and Sports High School (Turquía)
A actividade quere reconstruír, por medio das lembranzas e os obxectos aquí expostos, o tempo no que os avós e avoas do noso alumnado foron mozos en Rianxo. A finalidade inherente desta iniciativa é promover a comunicación entre xeracións e entre os catro países asociados.
A maneira de vivir durante a década dos anos 60 foi, durante os dous anos que dura o proxecto, recuperada da memoria das familias colaboradoras e transmitida ao alumnado participante, avalando así a comunicación interxeracional e a difusión cultural no marco europeo.
Cómpre mencionar que este traballo non pretende ser unha investigación histórica rigorosa e exhaustiva, senón que debe ser interpretado como unha viaxe dos mozos e mozas participantes no proxecto ao Rianxo dos anos 60 da man dos avós e das avoas.
Do mesmo xeito que nas exposicións que tiveron lugar nos países dos outros centros colaboradores, as temáticas aquí tratadas son o resultado da investigación levada a cabo polo alumnado do IES Félix Muriel no ámbito xeográfico de Rianxo, e organizadas de acordo aos seguintes temas:
Entrevistas que recollen detalles de como era a vida dos anos 60