Praia de Tanxil
Rianxo-Rianxo
Por: Alumnado do ENDL
A praia de Tanxil está mesmo na vila de Rianxo, xusto ao lado da praia de Quenxo. Pódese ir ata ela a pé se vives na zona de Xogo dos Bolos ou na Punta de Fincheira. Se vas en coche ten dous aparcamentos, un arriba e outro detrás dun bar que hai, os dous son gratuítos.
O areal está composto por area de grans gordos nunha parte, e noutras por grava; tamén hai cunchas de berberechos e ameixas nalgunhas zonas. A praia mide aproximadamente 800 metros, e está separada de Quenxo por un muro de pedra. Hai uns anos fixeron outro muro no outro lado da praia, tamén de predra.
Atrás do areal hai unha zona con árbores que lle dan sombra aos camiños que levan á praia, por eles podes atopar fontes. Este lugar é idóneo para comer ou botar unha sesta xa que o chan está cuberto por herba. Nunha esquina encóntranse uns baños edificados en madeira.
Na rúa que dá á praia atópanse dous restaurantes e ás veces no verán hai un carro de xeados.
Praia das Cunchas
Leiro-Rianxo
Por: Alumnado do ENDL
A praia da Torre, chamada así por mor da presenza dos xacementos da fortificación medieval (Castelo da Lúa) existente na punta da Torre e tamén pola enorme torre que ten no medio, que en tempos anteriores foi un ha cheminea dunha fábrica. O areal esténdese e está limitado pola punta de Iñobre ou punta da Posta e a desembocadura do río Té, cunha lonxitude de aproximadamente de 1.200 metros. A praia localízase na parroquia de Taragoña, no fondo da ría de Arousa, na zona coñecida como enseada de Beluso, na comarca do Bardanza.
No seu momento chegou a ter dúas cantinas ou chiringuitos.
Na actualidade ten un paseo marítimo dos máis afamados da comarca, ademáis de distintos servizos, como aparcadorios, acceso a minusválidos, fontes, áreas de recreo...
Preto do lugar, atópanse as ruinas medievais do castelo da Lúa, próximas tamén a outra praia, a praia do Pazo, a cal conta con magníficas vistas á enseada de Rianxo.