do Pazo
O Pazo-Rianxo
Por: Antía Carou Ordóñez, Carla Arca Fernández e Cinthia Carou González
O lavadoiro do pazo está construído no Pazo, un lugar de Rianxo, situado na provincia de A Coruña, mide dezaseis metros de largo e dous metros de altura. O lavadoiro do Pazo estabase construindo ano 1952 e foi reconstruído no ano 2002. A nosa opinión é que queremos que siga así para que os nosos bisnetos poidan saber como se facían as cousas antiguamente.
da Vacariza
Isorna-Rianxo
Por: Alumnado do ENDL
da igrexa de Santa Columba
Rianxo-Rianxo
Por: Alumnado do ENDL
da igrexa de Taragoña
Taragoña-Rianxo
Por: Héctor e Gadea
O lavadoiro de Taragoña está situado preto da igrexa parroquial de San Salvador.
Xa ten bastantes anos aínda que non demos coa data de contrución .
Conta cun tellado que non é moi grande para cubrir a pía da auga. Esta é rectangular e a auga sempre está fría. Esta sae por un picho grande e ancho que posúe a pequena fonte que está ao lado.
Algunhas persoas seguen lavando alí a roupa, pois conta con varias pezas de pedra que se empregan para apoiar e refregar a roupa.
do Laxido
Outeiro-Taragoña-Rianxo
Por: Fátima Ordóñez Muñiz e Aldara Muíños Rodríguez
Esta fonte situada na aldea de Outeiro fíxose no ano 1717. Os máis maiores da aldea nin sequera naceran cando se construiu. Está moi preto da autovía rodeada dunha variada vexetación. Algunhas persoas aínda a utilizan para lavar a roupa e coller auga, polo tanto esta auga é potable. Foi reconstruída fai tres anos porque a pedra superior rompeu.
O ano no que se fixo atópase moi agochado na parte inferior da fonte, por iso ninguén sabía a data de construcción.
Nos cremos que faría moita falta limpar as silveiras, o lixo que se atopa entre elas e mellorar o acceso á fonte, se non fose por iso sería un lugar tranquilo e moi bonito.
de María Diz
Araño-Rianxo
Por: Héctor Uzal González
A fonte de María Diz é unha fonte que se encontra ao final da recta do Araño vindo por Taragoña. A súa auga e moi boa de feito paran a diario moitas persoas (turistas, ciclistas, veciños, etc...)
Segundo nos informaron púidose facer no ano 1963
A fonte foi reconstruìda no 2014, porque unha persoa tivo un accidente co coche, bateu con ela e destrozouna