A presenza en Rianxo de numerosos escritores ao longo da nosa Historia literaria é un feito de inspiración para o pobo, pois axuda a que os rianxeiros teñamos conciencia da nosa propia lingua e da nosa propia cultura. Ademais é un motivo de orgullo para a xente de aquí que ve espallado o nome de Rianxo por todo o mundo, converténdose nunha fonte de inspiración artística.
Desde Paio Gomez Chariño a Manuel Antonio pasando por Rafael Dieste e o grande Castelao, os rianxeiros podemos presumir de lingua.
A creación destes autores inspíranos a nós. As cantigas de Charinho chégannos desde o século XIII e a imitación das súas formas lévannos a convertir a Literatura Medieval en Contemporánea, adaptándoas ao noso tempo e proxectando as nosas ideas cara ao futuro.
SERXIO LAMAS 3A